Polbo con Orixe:
do produto á experiencia

O Club de Produto Polbo con Orixe nace para reivindicar unha das tradicións máis auténticas da gastronomía galega e reforzar o posicionamento do Carballiño e a súa contorna como referente enogastronómico de primeiro nivel.

 

Inspirado no sabor e na historia do polbo, o Club busca transformar un produto emblemático nunha experiencia turística única, que combina autenticidade e excelencia.

Polbo con Orixe é unha iniciativa do Concello do Carballiño que pretende consolidarse como unha plataforma de colaboración entre empresas e outras institucións que forman parte das cadeas de valor turística e enogastronómica, coa finalidade común de apoiarse no polbo e outros activos locais para diversificar a oferta de experiencias do destino.

Vantaxes de formar parte do Club

Mellora da competitividade ao formar parte dunha oferta turística organizada, innovadora e diferenciada

Posicionamento como empresas referentes en gastronomía

Incremento do coñecemento sobre a clientela a través da información xurdida no seo do Club de Produto

Credibilidade ante as persoas usuarias ao contar co amparo do Club de Produto

Acceso a formación e asesoramento que permitirá definir mellores produtos e servizos en base a unha enogastronomía de calidade e coa sostibilidade como principio irrenunciable

Inclusión nas accións de promoción do Club de Produto, que facilitarán a proxección da empresa asociada a nivel nacional e/ou internacional

Presenza en feiras ou outros eventos destinados á comercialización

Facilidade para formar parte dunha estrutura de traballo en rede na que se xerarán sinerxías e colaboracións con outras empresas asociadas.

Le máis sobre o Club e solicita unirte para gozar de todas as súas vantaxes

No Carballiño, o polbo é moito máis ca un prato típico: é o símbolo gastronómico de todo un territorio. A súa historia remóntase a máis de tres séculos atrás, cando este produto mariño comezou a formar parte da vida e da cultura da vila. Dende entón, converteuse na preparación máis recoñecida da comarca, especialmente na súa versión máis tradicional, o “polbo á feira”.

Preguntas frecuentes

Se tes algunha dúbida visita a nosa páxina de preguntas frecuentes e obtén máis información do proxecto.